Forza Horizon 4 chegará a Steam en marzo

martes, 9 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Son varias as franquías de xogos de condución que trunfaron nos últimos anos, pero a que colleu máis pulo é, sen dúbida, a de Forza, ligada a Microsoft, pero que xa non será exclusiva das plataformas da compañía de Redmond, senón que agora tamén se abrirá a Steam, comezando polo xogo Forza Horizon 4, que poderemos mercar na tenda en liña de Valve a partir do 9 de marzo.
Forza Horizon 4 chegará a Steam en tres versións distintas, en función do volume de contidos adicionais que inclúen, e coa posibilidade de poder gozar do xogo cruzado con usuarios de Xbox ou da versión do xogo na tenda de Windows 10, así como cos usuarios que gocen deste título a través do seu móbil Android tirando proveito do xogo na nube de Microsoft.

Vídeo co que anuncian a chegada de Forza Horizon 4 a Steam

PUBLICIDADE