Fortnite estrea o seu segundo capÃtulo
martes, 15 de outubro do 2019
A fin do
mundo de Fortnite por mor dun burato negro conseguiu captar a
atención de moitos xogadores, que hoxe mesmo puideron ver como o xogo volvÃa á
normalidade estreando o seu capÃtulo 2,
que permite descubrir un novo mundo, explorar unha flamante illa con 13 ubicacións
por descubrir, gozar da nova xogabilidade acuática (pódese nadar, pescar,
montar en lancha...), empregar novas funcionalidades de apoio aos compañeiros
de escuadrón, poder agocharse para axexar aos rivais ou arrasar con ataques
explosivos, e incluso tirar proveito de melloras no combate que evidencian que
este xogo precisaba unha pequena renovación para non perder o seu pulo.
Como era de esperar, coa
chegada da tempada 1 do capÃtulo 2 de Fortnite tamén chega un novo pase
de batalla, á venda por 950 paVos, que promete «máis diversión, menos farmeo»
grazas a un novo sistema de progreso. Dende Epic Games tamén inciden no feito
de que xogando é posible facerse con até 1.500 paVos, de xeito que non serÃa
preciso pagar con cartos reais para facerse co pase de batalla da vindeira
tempada, asà como mercar novos elementos na tenda de obxectos.
AÃnda que a meirande parte dos xogadores estean interesados principalmente polo
modo battle royale de Fortnite, o orixinal modo Salvar o mundo,
continúa moi activo, e xa ten planificadas as actualizacións
que recibirá dende hoxe até máis aló do mes de novembro. Este modo de xogo
deixa de estar asociado aos pases de batalla, polo que o seu ritmo de
actualizacións será menos frecuente, o que permitirá que os cambios tamén
estean máis coidados.
Tráiler do capÃtulo 2 de Fortnite