Fortnite estrea modo Creativo

mércores, 5 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Epic Games anunciou unha grande novidade para o seu xogo estrela, Fortnite, que a partires de mañá (xornada moi oportuna en España para recibir novidades no mundo do videoxogo) terá un modo Creativo, de xeito que os usuarios poderán deseñar partidas, competir por toda a illa, desafiar a amigos e construír o que desexen unha illa privada onde permanecerá gardado calquera cousa que se faga, no que algúns xa definen como unha mestura co Minecraft, polo que confían en que sexa todo un éxito entre a mocidade.
Os propietarios do pase de batalla poderán ter acceso a unha illa privada entre os días 6 e 13 de decembro, tempo de primicia tras o que todos os xogadores pasarán a ter unha illa privada de balde.
O modo Creativo aínda está nunha fase temperá, ou sexa, que como aconteceu no resto de modos do xogo, irá recibindo novas características e melloras ao longo das vindeiras actualizacións do xogo, adaptándose ás demandas dos usuarios.

Vídeo de presentación do modo Creativo en Fortnite

PUBLICIDADE