Fortnite achega aos usuarios de PS4 e Xbox One na súa última actualización
martes, 12 de marzo do 2019
Dende que Fortnite levou
a que Sony dese o seu brazo a torcer a facilitase
o xogo cruzado con usuarios de PlayStation 4 (medida que culminou cun mecanismo
de fusión
de contas hai pouco máis dun mes) son varios os avanzas que se realizaron
de cara a facilitar que os usuarios non só puidesen empregar distintas plataformas
de xeito indistinto (levan os seus progresos e compras consigo), senón que
tamén puidesen enfrontarse a usuarios que utilizan máquinas semellantes, aÃnda
que con certas limitacións para coidar da experiencia.
Agora que chega
a versión 8.10 de Fortnite temos
que por fin chegan cambios a este respecto, de xeito que o mecanismo de
selección de xogadores nas partidas de battle
royale muda, para facer que os xogadores de PlayStation 4 e Xbox One xoguen
por un lado, mentres que os de dispositivos móbiles e Nintendo Switch xoguen por outro, cando anteriormente os xogadores
de Switch enfrontábanse aos de consolas domésticas. Pero dende Epic Games non impoñen rigorosamente este cambio, senón
que os usuarios teñen que elixir activamente participar do xogo cruzado, e para
conseguir tal compromiso decidiron que os usuarios de Xbox One ou PS4 que rexeiten
o xogo cruzado só poderán gozar do modo Creativo e do Patio de Xogos.
Con esta medida están a xuntar a máis usuarios nos grupos para formar partidas,
o que axuda para que o equilibrado de xogadores funcione mellor, mentres que no
caso da Switch haberá que agardar para ver se realmente funcionan mellor as
partidas ao meter aos usuarios da consola de Nintendo no mesmo saco que os usuarios
de iOS e Android.