Forspoken chega a PC e PS5

martes, 24 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Square Enix puxo hoxe á venda o primeiro título de Luminous Productions, Forspoken, que está dispoñible para PlayStation 5 e PC (a través de Steam, Epic Games e a Microsoft Store), podendo descargarse tamén unha versión de demostración deste xogo de rol narrativo que convídanos a facer cousas extraordinarias para salvar o mundo de Athia mediante parkour máxico e un amplo repertorio de feitizos e destrezas.
No xogo controlaremos a Frey Holland, unha moza normal e corrente de Nova York, que aparece de súpeto no mundo fantástico de Athia, devastado por unha misteriosa forza coñecida como o Desgarro. A protagonista sobrevive a este estraño fenómeno de xeito inexplicable, e equipada cun brazalete falante chamado Cepto, convértese na última esperanza de Athia e debe valerse das súas novas dotes máxicas para salvar este mundo e atopar o camiño de volta a casa.
O xogo recibirá máis diante unha expansión titulada In Tanta We Trust, incluída na Digital Deluxe Edition.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE