Football Manager 2012 estrea demo

xoves, 6 de outubro do 2011 Marcus Fernández

SEGA estreou hoxe a versión de demostración do xogo Football Manager 2012, que pode descargarse de balde a través de Steam, e que achega a oportunidade de xogar a primeira metade da tempada 2011/2012, e inclúe inicios rápidos para as ligas máis grandes do mundo, dando a oportunidade de pór en práctica as habilidades dos xogadores con equipos de múltiples países.
O xogo está dispoñible en español, e las ligas de inicio rápido son as correspondentes a Australia, Escocia, Francia, España, Holanda, Bélxica, Italia, Noruega, Dinamarca, Suecia e EE.UU.
Cómpre destacar que algunhas partes dos equipamento da demo non están rematadas, polo que variarán na versión final do Football Manager 2012. Tamén resulta salientable o feito de que as partidas gardadas na demos serán compatibles co xogo completo.
A saga Football Manager é para moitos a herdeira do clásico PC Fútbol (xogo que promete volver nos vindeiros meses) por centrar a súa experiencia de xogo na administración de clubs, e non no manexo dos xogadores no campo, polo que tamén conta cun público moi importante que gusta especialmente deste xénero.

O xogo é un completo simulador de clubs de fútbol que moitos consideran o herdeiro do PC Fútbol

PUBLICIDADE