Foosball 2012</Em> achegará o futbolín a PS3 e PS Vita

venres, 23 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O estudo checo Grip Games, responsables de xogos como The Imposible Game, MiniSquadron e one Epic Game, están a preparar un novo título para PlayStation 3 e PS Vita que en España podería gozar de boa aceptación por trasladar o futbolín ás consolas de videoxogos de Sony. Foosball 2012 contará con numerosas características e modos de xogo, varios tipos de mesa (estilo americano, estilo europeo...), posibilidades de personalización, tipos de bola, tiros con efecto... elementos que contribuirán a xogar durante horas.
Tamén permite socializar no seu modo multixogador local de ata 4 persoas e un multixogador en liña que permitirá enfrontarse a participantes de todo o mundo e ascender nunha clasificación global. Estamos ante un título multiplataforma que permitirá que se enfronten usuarios de PS3 e PS Vita, e incluso permite que unha partida iniciada na PS3 poida continuarse na PS Vita.
Este novo xogo descargable que chegará na primavera á PlayStation Store é compatible con PS Move na PS3 (conservando a compatibilidade con DUALSHOCK 3) e tamén permite, opcionalmente, tirar proveito dos controis táctiles da PS Vita.


Trailer de Foosball 2012

PUBLICIDADE