FlixOlé incorpórase como canle de Amazon Prime Video
venres, 19 de febreiro do 2021
O pasado mes de novembro Amazon
Prime Video estreou canles de subscrición, unha interesante solución para
que certas ofertas de vÃdeo baixo demanda puidesen chegar aos usuarios finais
sen ter que desenvolver plataformas de seu completas, xa que poden contratarse
dentro da propia aplicación de Prime Video, e agora vemos como entre Starzplay,
MGM, Mubi ou Mezzo cóase FlixOlé, este
servizo centrado no cine español (aÃnda que tamén inclúe clásicos de western,
pelÃculas europeas ou os clásicos de Cantinflas), que leva
agora o seu catálogo de máis de 3.500 tÃtulos entre pelÃculas e series á
plataforma de Amazon, dende a que pode contratarse por 2,99 euros/mes.
O prezo do servizo dentro ou fóra de Amazon serÃa o mesmo, pero a súa
contratación dentro de Prime Video achega unha mellor infraestrutura (o que
achega, entre outras cousas, unha maior calidade de imaxe) e dende máis
dispositivos (chegando a televisores e consolas, e non só a ordenadores e
dispositivos móbiles).
VÃdeo promocional de FlixOlé