Flashback estrea remake para Xbox 360
mércores, 21 de agosto do 2013
Microsoft continúa a celebrar o seu Summer
of Arcade na tenda de Xbox LIVE, e o xogo que estréase hoxe en formato
descargable para a Xbox 360 é o remake
do clásico Flashback,
recuperado por VectorCell vinte anos despois do lanzamento do xogo orixinal e
que por 800 Microsoft Points (uns 9,6 euros) permÃtenos volver a enfundarnos na
pel de Conrad B. Hart nunha aventura de desprazamento lateral na que
descubriremos unha conspiración alienÃxena aterradora.
No xogo haberá que saÃr de contornos complexos e traizoeiros realizando
distintos movementos, xestionaremos o noso armamento e equipamento de alta
tecnoloxÃa para enfrontarse a inimigos e xuntaremos as pezas do quebracabezas
da memoria do protagonista para redescubrir quen é.
O remake deste clásico xogo de
plataformas que chega hoxe a Xbox 360 ten prevista a súa chegada tamén a PC e
PlayStation3 no outono.
Trailer desta revisión de Flashback