Fixan o lanzamento de Torchlight II no 20 de setembro

venres, 31 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O ano 2012 é sen dúbida un dos mellores para os amantes dos xogos de rol de acción, pola chegada de Diablo III ao PC e Heroes of Rune á Nintendo 3DS, agardándose tamén para iOS un tamén atractivo Infinity Blade: Dungeons, pero un cuarto action RPG tiña que ter chegado no verán, Torchlight II, e tras certos retrasos, finalmente confirman que poderá adquirirse a partires do 20 de setembro, estando xa dispoñible como reserva en Steam. Este xogo está a crear moita expectación en grande medida por ser un título dun corte máis clásico que Diablo III (que para moitos aposta en exceso polo xogo en liña) e por partir dunha primeira entrega considerada como un dos máis dignos herdeiros de Diablo II.
Torchlight II conserva os elementos do xogo orixinal, ampliando o mundo e engadindo características demandadas polos xogadores, incluíndo xogo cooperativo en liña e por rede local (o que o fai moi interesante de cara ás competicións) que incluso permite aos usuarios desenvolver modificacións do xogo mediante o editor TorchED.

O xogo conservará os elementos que fixeiro do primeiro Tochlight todo un éxito


Novo trailer do xogo de Runic Games

PUBLICIDADE