Fist of the North Star: Ken’s Rage 2 chegará a Europa a primeiros de febreiro

venres, 11 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O manga de El Puño de la Estrella del Norte volve ás consolas de videoxogos, confirmando hoxe Tecmo Koei que o xogo Fist of the North Star: Ken’s Rage 2 estará dispoñible en Europa o vindeiro 8 de febreiro para PlayStation 3 e Xbox 360, coa sorpresa de que a consola Wii U recibirá este título cun día de antelación, pero só en formato descargable.
Este novo beat’em up retoma a historia do manga e ofrece aos xogadores varios modos de xogo (Modo Lenda retomando a historia do manga; Modo Soño con novas liñas argumentais; e os modos Cooperativo Online e Versus), contará con máis de 20 personaxes xogables (entre os que non faltan Juda, Rei, Shew, Shin, Thouzer, Jagi, Raoh, Toki, Fudo, Juza, Mamiya, Ryuga, Ein, Falco, Hyou, Kaioh e Shachi), contará con novos movementos dinámicos (que se incorporan ao repertorio de golpes da anterior entrega da saga), incluirá novas accións e tamén ofrecerá a posibilidade de descargar traxes e niveis para completar este título que agradecerán os amantes tanto do manga como deste xénero de xogos de loita.

Fist of the North Star: Ken’s Rage 2 reforzará o repertorio de ataques que caracterizan a este tipo de xogos

PUBLICIDADE