Final Fantasy XIV Online inicia a súa beta aberta para PS5
luns, 12 de abril do 2021
O xogo Final
Fantasy XIV Online inicia a súa beta aberta
para PlayStation 5, versión que integra numerosas melloras para aproveitar
as bondades da nova consola de Sony e que conectará cos mesmos xogadores que a
versión de PlayStation 4 e outras plataformas dispoñibles, ou sexa, que durante
as probas poderase gozar dos mesmos servidores de xogo que o tÃtulo comercial.
A beta de Final Fantasy XIV Online desenvólvese pola inxente cantidade
de contido existente para o xogo, de xeito que, de non detectarse ningún problema
crÃtico, realizarase directamente a transición ao servizo oficial. Cando
rematen as probas animarase aos novos xogadores a trasladarse á versión
completa do xogo, que conservará os personaxes e progresos adquiridos durante
as probas, nas que permiten gozar de A Realm Reborn e o primeiro paquete
de expansión, Heavensward, até o nivel 60.
O xogo para PlayStation 5 permite que o xogador elixa entre 3 resolucións de
pantalla (2.160p, 1.440p e 1.080p) de xeito que as dúas resolucións menores
correrÃan a 60 imaxes por segundo, mentres que a versión en 4K moverÃase a 40
imaxes por segundo, que en calquera caso serÃa maior taxa de fotogramas que a
versión para PlayStation 4. Nos momentos con maior carga de renderizado
o xogo aspira a superar os 30 fotogramas por segundo. A nivel sonoro o xogo
tamén mellor, incorporando audio 3D para unha maior inmersión.
Os usuarios actuais de Final Fantasy XIV Online para PlayStation 4 poderán
pasar á versión de PlayStation 5 sen custo adicional, mentres que os novos no
xogo poden acceder á
súa versión de proba de balde, que agora tamén está dispoñible para
PlayStation 5.