Final Fantasy Type-0 chegará finalmente a occidente

mércores, 11 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O xogo de PSP Final Fantasy Type-0 permaneceu inédito en occidente, o que levou a que no seu día un grupo de entusiastas fixeran unha tradución non oficial ao inglés que podía aplicarse ao xogo mediante un parche para poder gozar dun xogo que as distribuidoras non se molestaran en sacar do Xapón, pero finalmente o xogo verá a luz no noso territorio, aínda que non na súa plataforma orixinal, senón adaptado ás consolas de nova xeración (Xbox One e PlayStation 4), de xeito que este xogo de rol poderá gozarse dignamente nunha versión remasterizada, o que tamén permitirá que os seus gráficos experimenten unha máis que considerable mellora.
Aparte de Final Fantasy Type-0 HD, Square Enix tamén anunciou que vai lanzar en occidente o xogo Final Fantasy Agito (que parece ser unha variante do anterior), que chegará como free-to-play para iOS e Android, facendo que os incondicionais desta franquía teñan cada vez máis opcións para poder revivir entregas anteriores adaptadas aos novos soportes.

Square Enix prepara Final Fantasy Agito para iOS e Android

PUBLICIDADE