FÃltrase á Rede o xogo The Legend of Zelda: Echoes of Wisdom
luns, 23 de setembro do 2024
O ano pasado puidemos ver como o xogo The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom para Nintendo Switch filtrábase á Rede antes do seu lanzamento, levando a milleiros de xogadores a descargalo para afondar na súa historia anticipadamente, para o que moitos tiraron proveito de emuladores (levando incluso a que os creadores do emulador Yuzu tivesen que compensar economicamente a Nintendo).
Agora a historia repÃtese, e The Legend of Zelda: Echoes of Wisdom, que non chegará ás tendas até o vindeiro xoves, circula libremente pola Rede dende o pasado sábado, o que provoca non só que se estea pirateando o tÃtulo, senón tamén que se estraguen as sorpresas para os incondicionais da franquÃa, que poden atopar accidentalmente vÃdeos e imaxes do xogo que desvelen detalles importantes antes da súa saÃda.
Polo momento non se coñece a orixe da filtración, pero o que si compre recomendar aos que pretendan facerse cunha copia legal do xogo é fuxir de publicacións en liña sobre o mesmo durante os vindeiros dÃas, para evitar so temidos spoilers.
VÃdeo promocional do xogo