FÃltranse imaxes da primeira consola portátil certificada por Xbox
mércores, 7 de maio do 2025
Levamos un tempo agardando a que se faga realidade o ruxerruxe de que Microsoft está a colaborar con varios fabricantes de ordenadores gaming para o lanzamento de consolas portátiles co selo de Xbox, e semella que os primeiros modelos chegarán ao mercado en poucas semanas, pois veñen de recibir certificación oficial da FCC un par de modelos das consolas portátiles ROG Ally 2, que no caso do modelo en cor negra presentarÃa un botón de Xbox.
O primeiro ordenador consolizado da familia ROG Ally chegou ao mercado en 2023, e o ano pasado estreou unha versión con maior autonomÃa, polo que a chegada dun novo modelo este ano non serÃa ningunha sorpresa.
Segundo as últimas filtracións, o modelo da ROG Ally 2 con botón de Xbox funcionarÃa cun procesador AMD Ryzen Z2 Extreme, 64 GB de RAM LPDDR5-8533 e pantalla de 7 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz.
Tamén se aprecia que a nova consola portátil mellorarÃa a súa ergonomÃa adoptando uns agarres laterais semellantes aos dun mando de consola, sendo aÃnda unha incógnita se este dispositivo se limitará a funcionar con Windows 11 ou terá unha versión modificada do sistema operativo de Xbox, o que terÃa un impacto directo na interface de usuario e no seu catálogo de xogos.
Parece bastante probable que estas novas consolas portátiles vexan a luz nun par de semanas no marco da feira Computex de Taipei.