Fíltranse detalles do vindeiro videoxogo de South Park
luns, 7 de maio do 2012
Para
finais de ano agardábase o lanzamento dun xogo de rol baseado na serie de
televisión South Park desenvolvido
por Obsidian, e finalmente sabemos o seu nome grazas á súa publicación
accidental no Bazar de Xbox LIVE, que será
South Park: The Stick of Truth.
Este xogo terá versión para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, os seus gráficos
serán moi semellantes aos da serie de televisión e a súa sinopse sería a que
segue: “dende os perigoso campos de
batalla da zona de xogos de cuarto grado, un novo heroe levantarase, destinado
a ser o salvador de South Park. Dos creadores de South Park, Trey Parker e Mat
Stone, chega unha épica aventura para converterse en... guai”.
- O xogo amosará unha aparencia moi semellante á da serie de televisión