Filtran as guÃas de moderación de Facebook
luns, 22 de maio do 2017
Nos últimos meses non son poucos os casos polémicos nos que
se veu envolto Facebook por mor da súa pasividade ante a emerxencia de contidos
pouco apropiados, que en moitos casos chegaron a ser de violencia extrema (como
asasinatos en directo), pero as recriminacións a Facebook están lonxe de
rematar, especialmente despois de que The
Guardian publicase unha masiva filtración de manuais internos de Facebook
no que explican como actuar ante contidos como o sexo, o terrorismo ou a
violencia.
Se ben resulta evidente que moderar a unha comunidade de 2.000 millóns de
usuarios non é unha tarefa doada, non parece que Facebook teña moi claro o que
é unha actuación axeitada ante violencia, discursos de odio, terrorismo,
pornografÃa, racismo ou incluso perigo de suicidio, especialmente se atendemos
aos máis dun cento de manuais e documentos aos que puido acceder The Guardian,
alcumados como o Facebook Files, e
que son criticados principalmente pola súa falta de transparencia, xa que as
condicións de uso de Facebook son moi ambiguas, mentres que as normas coas que
traballan os moderadores da plataforma son moi especÃficas, aÃnda que como
principal atranco teñen a falta de recursos destinados á moderación (hai casos
nos que teñen apenas 10 segundos para decidir se unha imaxe pode ou non
publicarse).
Entre a documentación filtrada podemos ver cousas como que os xefes de estado
teñen unha protección especial (de forma algo que puidese considerarse unha
ameaza debe eliminarse... pero teñen criterios moi curiosos para distinguir crÃticas
agresivas de ameazas de morte), que os vÃdeos de mortes violentas non deben
borrarse sempre (en ocasións chegará con marcalos como molestos, para advertir
ao usuario antes da súa reprodución), que as imaxes de abusos (non sexuais) a
menores non deben eliminarse agás que conten con elementos sádicos ou que fagan
apoloxÃa de tal comportamento, que as fotografÃas de abusos animais poden
compartirse e só marcaranse como molestos os contidos extremadamente gráficos,
que as creacións gráficas que inclúan espidos estarán permitidas se están
feitas a man (pero non se están xeradas por ordenador), que permitirán as
retransmisións de vÃdeo en directo con persoas que poderÃan infrinxirse dano a
si mesmas para non «non censurar ou castigar a xente anguriada» ou incluso que
fixan en 100.000 o número de seareiros a partires dos que unha persoa está
considerada unha figura público (de xeito que perderÃa a protección plena da
que gozan os particulares).
Calquera que revise estas normas, por exemplo, dende o punto de vista dun
europeo, atopará unha tolerancia excesiva ante o abuso a menores e animais, aos
discursos de odio e á violencia, mentres que a sensibilidade sobre o sexo e os
espidos parece excesiva, pero resulta evidente que este parecer mudarÃa se
consultamos a usuarios doutros currunchos do planeta.
Como curiosidade, The Guardian publica un
xogo no que convÃdanos a tentar predicir como actúan os moderadores de Facebook
ante 16 imaxes entre as que sorprende un vello retoque fotográfico no que
podÃa verse ao cadáver de Manuel Fraga nun cadaleito (e que circulara pola Rede
moitos meses antes do pasamento do polÃtico galego).
- Os criterios de Facebook ante o maltrato animal son sumamente discutibles