Filtran á Rede unha copia sen censurar de Manhunt 2 para PS2

luns, 10 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O mes pasado informamos de que a xente de Take-Two Interactive tivo que censurar o seu xogo Manhunt 2 para que as autoridades norteamericanas puidesen aprobar a súa venda nos EE.UU. mesmo cualificándoo coma non recomendado para menores de idade, dado que a súa extrema violencia podería provocar a prohibición da súa venda (como aconteceu no Reino Unido) pero iso non evitou que se filtrara ás redes P2P unha versión de proba e sen censurar do xogo para PS2.
Moitas webs están a falar da aparición desta versión que promete máis violencia que a que chegará ás tendas, aínda que se descoñece a súa procedencia real, pero para que a xente se faga unha idea do que se amosa no xogo publicamos unha escolma de execucións practicadas durante o mesmo que recompilaron nun único vídeo en YouTube (e que está a ter moitas visitas):

PUBLICIDADE