Filtrado o novo xogo de Zelda para Nintendo Switch
martes, 2 de maio do 2023
O venres
da semana que vén chegará ás tendas o xogo para Nintendo Switch The
Legend of Zelda: Tears of the Kingdom, xogo moi agardado, especialmente
por mor do éxito da súa entrega precedente, The Legend of Zelda: Breath of
the Wild, pero cómpre advertir aos interesados en facerse co xogo que sexan
prudentes se non queren que a espera se lles atragoe, pois nos
últimos días filtrouse unha copia do xogo, que circulou pola Rede (aparecendo tamén copias en formato físico á venda a prezos moi elevados), de xeito
que proliferaron as imaxes e vídeos que daban detalles do título cunha grande
anticipación, o que pode estragar a sorpresa os xogadores que habitualmente
mercan os xogos de lanzamento.
Son xa moitos os detalles
que están a publicarse sobre o xogo a través da Internet, o que algúns
considerarán positivo, por poder así facerse unha mellor idea do que achegará o
título, axudando á súa decisión de compra, pero para os convencidos pode ser
todo un problema coñecer tantos detalles inéditos (especialmente se chegan sen
buscalos a través das redes sociais).