Filtradas nun foro ruso até 4,93 millóns de contrasinais de Gmail e Google Plus
xoves, 11 de setembro do 2014A páxina rusa btsec.com
amosou esta semana unha captura de pantalla dunha base de datos onde
figuraban case
cinco millóns de contrasinais de contas de Gmail, Google Plus,
Yandex e Mail.ru. Ao parecer, o achado amosado polo servizo
btsec.com achega unha validez do 60% na correlación
usuarios-contrasinais. Porén, a división rusa de Google (Google é
propietaria de Gmail) sinalou pouco despois da aparición destes
datos que estes son antigos e non están actualizados, ou sexa que se
trata de contas fóra de uso ou claves desfasadas.
Google sinalou a maiores
que a información xerada poderÃa ser o froito de moitos anos de
actividade hacking, polo que moitos dos datos serÃan antigos
de máis como para ter comprometido de verdade a seguridade de seu.
Amais de usuarios hispanofalantes, tamén hai afectados que se
comunican en inglés e ruso. Ao parecer, unha boa parte deles xa
están a comprobar se a súa información persoal está
comprometidas. O filtrado (4,93 millóns de datos) é un capÃtulo
máis dunha longa listaxe de filtrados con raizame en Rusia.