Filmin optimiza a súa aplicación para os móbiles encartables de Samsung
xoves, 22 de decembro do 2022
Unha das funcionalidades polas que destacan os móbiles encartables
de Samsung é o Modo Flex, que consiste en que cando o dispositivo ten a
pantalla dobrada, esta compórtese como se tivese dúas pantallas diferentes, de
xeito que nunha podemos, por exemplo, ter contidos de vÃdeo e na outra os
controis de reprodución. Esta prestación está dispoñible para aplicacións como
a cámara do móbil ou YouTube, e agora tamén a
aplicación de Filmin, que actualÃzase para que os seus usuarios poidan aproveitar
as posibilidades dos seus smartphones encartables mentres gozan de cine,
series e documentais.
A aplicación de Filmin tamén incorpora soporte da opción de Multiwindow, de
xeito que cando teñamos a pantalla dividida en partes será posible alternar
entre a aplicación de Filmin e outras aplicacións abertas ao mesmo tempo. Outra
funcionalidade que aproveita a aplicación de Filmin é a continuidade dentro da
aplicación, ou sexa, que a aplicación manterase no seu estado actual cando
alternemos entre as distintas pantallas dos encartables.
Estas melloras de Filmin chegan grazas a unha colaboración con Samsung, que ten
aquà un grande exemplo de como unha aplicación diferente ás de Google e Samsung
pode aproveitar as posibilidades dos móbiles encartables, que cada dÃa están
máis presentes e a adaptación das aplicacións a estes dispositivos tan versátiles
poden abrir o camiño a futuros formatos de pantalla.