Ferrol acolle este sábado a quinta edición da First LEGO League Galicia

venres, 15 de febreiro do 2019 Fernando Sarasketa

O Auditorio de Ferrol este sábado 16, a a partires das 09:00 horas, a First LEGO League Galicia, a edición galega da competición internacional do mesmo nome e que se celebra por quinto ano consecutivo da man do Campus de Ferrol e, máis polo miúdo, do profesor José Antonio Becerra Permuy. Trátase dun torneo clasificatorio promovido pola UD e a Fundación Scientia no que participarán un total de 37 equipos e preto de 300 mozos e mozas de Galicia e Asturias.
As demostracións do xogo do robot comezarán ás 10:05 horas e as presentacións de proxectos, valores e deseño do robot terán lugar entre as 10:00 e as 13:10 horas. O evento concluirá ás 13:50 horas coa clausura e entrega de premios, nun acto presidido polo reitor, Julio Abalde.
Colaboran nesta edición Santander Universidades, a Deputación Provincial da Coruña e mais o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), GADIS, R, Error Ferrol!, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.
Ao remate da competición no Auditorio, está previsto que os participantes visiten o Campus de Ferrol e algúns dos seus laboratorios nunha xornada de portas abertas.
A First LEGO League Galicia é, para quen non o saiba, a convocatoria galega dun programa internacional que desafía a mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovábeis (resolvendo estes retos, a xente nova desfruta coa ciencia e a tecnoloxía e capacítase para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación).
Segundo lembrou a UDC, a First LEGO é o maior programa internacional para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas entre os máis novos. De feito, son máis de 450.000 os estudantes de 98 países de todo o mundo quen participan nesta iniciativa.
Os equipos galegos que concorren nesta edición, na modalidade First LEGO League Galicia, son os seguintes: Destiny Moon Pobra (ANPA Cadreche - CEP Pilar Maestru Sierra, A Pobra do Caramiñal, A Coruña), MEGA SPACE TEAM (MEGA Ribeira, de Ribeira, A Coruña), Montecastelo Little (Colexio de Fomento Montecastelo,Vigo, Pontevedra), Las Acacias BOT (Colexio de Fomento Las Acacias, Vigo, Pontevedra), RECIBÓTICA (CEIP Recimil, Ferrol, A Coruña), Palacio de Granda (Colexio ISP Laude Palacio de Granda, Siero, Asturias), OS CONSTRUCTORES (IES Virxe do Mar, Noia, A Coruña), Montebots Infinity (Colexio de Fomento Montespiño, Culleredo, A Coruña), CASANOVASQUAD (CLUB DE CIENCIA do IES Sofía Casanova, Ferrol, A Coruña), Green Galactics (Colexio de Fomento Peñarredonda, A Coruña), Robot-bois (IES Catabois, Ferrol, A Coruña), Captioma (CAPTIOMA GALICIA SL, Ourense), V.I.D.A. (Colexio Internacional Eirís, A Coruña), THE ROBOTERS (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), ASTROKIDS (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), e-Makers Lab (Espacio Vivo, Ferrol, A Coruña), Robolvello (IES Ferrol Vello, Ferrol, A Coruña), Star bots (IES Ortigueira, Ortigueira, A Coruña), EMOTIONAL TRICKS (CPI A Xunqueira, Fene, A Coruña), Xunquinautas (CPI A Xunqueira, Fene, A Coruña), AnonymousBot (IES Fene, Fene, A Coruña), C3Club (IES Ricardo Carballo Calero, Ferrol, A Coruña), FROUXIMAKERS (CPI de Atios, Valdoviño, A Coruña), MarBOT (Colexio Maristas Santa María, Ourense).
Na modalidade Junior estes son os equipos: Destiny Moon Pobra Junior (NPA Cadreche - CEP Pilar Maestru Sierra, A Pobra do Caramiñal, A Coruña), MEGA SPACE TEAM JR (MEGA Ribeira, Ribeira A Coruña), Base Mission Moon Marín Sequelo – BMMMS (CEP Sequelo, Marín, Pontevedra), Los Selenitas (Mi Familia, Vigo, Pontevedra), Captioma (Captioma Galicia SL, Ourense), Robóticos Espaciales (Colexio Internacional Eirís, A Coruña), The Lunatics (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), Stelar Patrol (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), Los Resplandores Celestes (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), Selenitas (Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar, Ourense), Lego Cohetes (Universidade da Coruña), Las 4 Galácticas (Universidade da Coruña) e Frouximakers Jr (CPI de Atios, Valdoviño, A Coruña).
Quen desexe máis información sobre a competición pode visitar a súa páxina web.

PUBLICIDADE