Fecho con combinación para memorias USB

mércores, 6 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Thanko, o fabricante nipón da gravata con ventilador e o coxín para preguiceiros, abráiano desta volta cun fecho con combinación de 3 díxitos para asegurar conectores USB, de xeito que sería unha solución física á protección dos nosos datos gardados en memorias USB, o que claramente é un artigo de broma, xa que cun pouco de paciencia se pode abrir o dispositivo, mentres que na actualidade se poden encriptar de xeito doado os contidos que queiramos que sexan confidenciais (e incluso hai memorias USB con lector de pegadas dixitais para asegurar os nosos datos máis sensibles).
O fecho para memorias USB se vende no Xapón por 780 iens (uns 4,68 euros) e de seguro que vai dar a nota nas oficinas, onde os compañeiros de traballo poderán rir coa aplicación de vellos métodos de seguridade nas novas tecnoloxías.

PUBLICIDADE