Far Cry 4 chegará ás tendas o 20 de novembro
xoves, 15 de maio do 2014
Para quecer os motores de cara á vindeira edición da feira
E3, dende Ubisoft anuncian
que o vindeiro 20 de novembro publicarán o xogo Far Cry 4 para Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3, PlayStation 4
e PC, que trasladará a acción a Kyrat, unha rexión salvaxe gobernada por un
déspota, onde os usuarios poderán elixir a súa propia historia nun exótico
mundo aberto no que tanto poderemos ver a súa vida salvaxe como facer uso de
potente artillerÃa e de diversos vehÃculos.
Far Cry 4 quere levar a experiencia
de acción en primeira persoa de Far Cry 3
un paso máis adiante, para o que están a traballar intensamente dende Ubisoft
Montreal en colaboración con Red Storm Entertainment, Ubisoft Toronto, Ubisoft
Shanghai e Ubisoft Kiev.
Pese a que aÃnda faltan bastantes meses para o lanzamento deste xogo, xa se
anuncia a posibilidade de reservalo, o que permitirá recibir como recompensa
unha actualización sen custo adicional á Edición Limitada, que incluirá misións
adicionais e tamén unha arma moi especia: a escopeta de arpóns.