Fan unha secuela de balde do clásico Kung Fu Master

martes, 21 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A finais de 1984 chegaba aos salóns recreativos un videoxogo chamado Kung Fu Master inspirado na última película de Bruce Lee e que co tempo adaptaríase a múltiples plataformas, e un programador independente decidiu iniciar o ano pasado unha secuela da versión de NES deste título co gallo da 2008 Retro Remakes Competition (quedando no primeiro posto da súa categoría en tal campionato). O xogo estaba sen rematar, pero agora Kung Fu 2 é xa unha realidade, e pode descargarse de balde para PC, o que permitirá rememorar a mecánica de xogo do título orixinal, pero mellorando considerablemente a súa xogabilidade e dinamismo, polo que resultará máis divertido que o clásico videoxogo dos anos oitenta, especialmente por detalles curiosos coma o feito de gañar habilidades, de xeito que incluso podemos lanzar hadoukens para derrotar aos nosos inimigos en vez de limitarnos a dar puñados e patadas.

PUBLICIDADE