A web de Gmail quedou fóra de funcionamento durante 3 horas
mércores, 25 de febreiro do 2009
- Durante unhas 3 horas a web de Gmail quedou inaccesible para os seus usuarios
Este martes de Entroido
moitos internautas alarmáronse ao ver que resultaba imposible acceder ao correo
electrónico de Google dende as 10:30 ás 13:30 horas aproximadamente, o que a
efectos prácticos supuxo quedar sen e-mail toda a mañá, creando tamén certa
preocupación ante a dependencia que temos de servizos que ofrecen grandes compañÃas
de balde e que no caso de incidencias
provocan unha sensación de desamparo.
AÃnda que o servizo quedou 3 horas inoperativo vÃa web, o acceso ao correo foi
posible en boa parte deste tempo a través de POP3 e IMAP (ou sexa, a través de
aplicacións de escritorio ou do móbil) pero estas vÃas de acceso a Gmail son
pouco utilizadas, posto que as súas funcionalidades están dirixidas ao seu uso
vÃa web.
- Recadro de aviso dos problemas técnicos na páxina de axuda de Gmail
Durante o tempo de caÃda do servizo, Google colocou un recadro de aviso nun
lateral da páxina de axuda do seu
servizo de correo electrónico (onde non tiña precisamente moita
visibilidade) anunciando que estaban a traballar en arranxar o problema, pero
dando a entender que tardarÃan varias horas en facelo (como asà foi).
- Durante unhas horas o Gmail pasou a ser un Gfail
A compañÃa avisaba
de que o problema «afectaba a un pequeno
grupo de usuarios» pero os comentarios que aparecÃan en Twitter, foros
e outros medios daban a entender que o certo é a situación era xusto a
contraria, cun fallo xeneralizado nun servizo
que durante varias horas alcumaron como Gfail.
Finalmente Google arranxou
o problema e admitiu que o fallo foi a grande escala, aÃnda que non
fixo públicas as causas desta incidencia que deixou incomunicados a moitos dos
seus usuarios.