Fahrenheit volve en alta definición

luns, 2 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

En 2005 Quantic Dream sorprendeu cun videoxogo bastante innovador ao incorporar unha narrativa interactiva sen precedentes, que que poderiamos considerar como precursora ás mecánicas que anos despois adoptarían títulos como Heavy Rain e Beyond: Dos Almas, que atrevéronse a afondar neste xénero de películas interactivas. Fahrenheit (coñecido nos EE.UU. baixo o título de Indigo Prophecy) tivo unha acollida bastante boa, converténdose nun xogo moi premiado, e para facilitar a súa recuperación por parte dos afeccionados a thrillers paranormais ou a xogos nos que a narración ten máis peso que a xogabilidade, temos agora Fahrenheit: Indigo Prophecy Remastered, unha reedición do xogo que actualizou os seus gráficos á alta definición (ofrecendo tamén a posibilidade de ver os gráficos orixinais), adaptou o seu control aos mandos máis habituais e incluso estreouse para dispositivos táctiles.
Así, podemos mercar o xogo para Windows, OS X ou Linux en Steam a un prezo de 9,99 dólares, recorrer á Mac App Store para mercar o título por 9,99 euros, optar por GameAgent para adquirir o xogo para Mac ou para Linux a só 8,99 euros, ou adquirir a versión para iOS por 9,99 euros.
Cómpre destacar que a versión orixinal do xogo aínda está dispoñible para a súa compra en liña en GOG por 5,39 euros, e que a remasterización de Fahrenheit colleu como base a versión internacional sen censura do xogo.

Imaxe da versión de 2005 de Fahrenheit

Imaxe da versión de 2015 de Fahrenheit


Trailer de lanzamento da remasterización de Fahrenheit

PUBLICIDADE