Facebook mellora as funcións de vÃdeo para editores e creadores
luns, 16 de setembro do 2019
Facebook está a aproveitar a celebración da fira IBC en
Amsterdam para presentar
novidades para os creadores de vÃdeo en Live, Watch Party e Creator Studio,
para que editores e creadores poidan conectar mellor coas súas comunidades a
través do vÃdeo.
Temos asà que Facebook Live permite agora realizar retransmisións en páxinas que
só estean visibles para os editores e administradores como un xeito de realizar
probas de emisión, permiten que os editores poidan cotar o inicio e o final dun
directo, as retransmisións medran de duración até as 8 horas e tamén ofrecerase
a posibilidade de que os editores poidan emitir en directo a máis dun servizo á
vez. Tamén incorporan a función de Live á aplicación de Facebook Lite,
permitido que os directos cheguen a un maior número de usuarios.
Na función de Watch Party ou vÃdeo en grupo temos que as páxinas poderán
programar este tipo de eventos do mesmo xeito que pode facerse cunha
retransmisión en vivo (buscando asà congregar a usuarios nun momento dado para
interactuar ao redor dun vÃdeo), os vÃdeos en grupo poderán verse en diferido,
amplÃanse as estatÃsticas sobre o consumo deste tipo de vÃdeos e tamén poderase
etiquetar a socios comerciais no contido patrocinado nos vÃdeos en grupo.
O Creator Studio continúa a medrar en prestacións, con estatÃsticas de
lealdade, unha nova métrica de distribución, 13 novos idiomas no subtÃtulado
automático e, moi especialmente, a posibilidade de que os creadores poidan
agora publicar e programar contido en Instagram e IGTV programándoo con até 6
meses de antelación. Adiantan que nos vindeiros meses incorporarán a
posibilidade de realizar borradores e editar os contidos de Instagram e IGTV.