Facebook lanza en España un servizo para compartirmos información sobre o lugar onde estamos

xoves, 16 de decembro do 2010 Fernando Sarasketa

Facebook vén de pór en marcha un novo servizo encamiñado a favorecer algo máis que a achega de información persoal dos usuarios: diríxese a facilitar información sobre o lugar exacto no que están nun intre determinado dentro do territorio estatal. A nova funcionalidade, chamada Lugares en España, permite que lle subministremos á comunidade Facebook todo tipo de datos sobre a cafetería, o parque, a tenda, o museo ou o edificio institucional no que nos atopemos, por poñer uns exemplos. Como unha boa parte do relativo á dita social, tamén se ofrece en galego.

O servizo, que tamén deixa marxe para localizarmos aos amigos que se atopen preto ou etiquetar aos que estean con eles nun emprazamento concreto, vén da man de Vodafone e 11870.com, cuxa colaboración, sinalan ámbalas empresas, foi estratéxica de cara a acadar o servizo para o eido español.

Facebook Lugares”, engaden, “fai posible o achado de aqueles amigos que previamente autorizaron facer visible o seu emprazamento, seguindo a súa configuración de privacidade”. Deste xeito, e para entendérmonos, de darse a circunstancia de irmos a toma-lo café, poderemos decidir entre ir á cafetería onde están as amizades de Facebook ou non, irmos de compras canda os amigos “e descubrir deste xeito lugares novos grazas ás visitas e recomendacións dos contactos”.

PUBLICIDADE