Facebook desvela como podería ser a súa futura renovación
xoves, 5 de marzo do 2009
- Facebook detalle cómo será a súa futura aparencia
O dito que nos recomenda unirnos ao noso inimigo no caso de
non poder con el, debeu ser o que levou a Facebook a negociar a compra de
Twitter hai uns días (da que falamos recentemente
na nosa web) e que finalmente fracasou rotundamente.
Porén, visto que Facebook non puido unirse ao seu “inimigo”, tivo que darlle a volta ao
refrán e dedicarse a intentar “destruílo”; como? pois procurando afiliar a máis
usuarios co anuncio dunha futura renovación que fará da súa web unha ferramenta
máis atractiva, dinámica e controlable polos seus usuarios.
Os responsables de Facebook veñen de anunciar que a partir dos cambios,
será posible organizar máis fácilmente as actualizacións que aparecen na páxina
de inicio dos usuarios, filtrándoas por grupos
de amigos ou “acalando” a aqueles
que actualicen demasidado o seu perfil ou que non interesen que aparezan.
Tamén prevén cambiar o que cada usuario conta de si mesmo e
a sección Que estás a facer agora? pasa
a chamarse Que che está a pasar pola cabeza?, máis moderna e acorde coas
preferencias dos seus usuarios posto que permitirá colgar unha frase enxeñosa,
un vídeo ou unha imaxe que identifique cada un dos pensamentos que queiran
facer públicos.
Segundo afirman no ’’The Washington Post’’, estes cambios poderían ir dirixidos
a “facerlle fronte a Twitter”, unha
web que se asemella moito no seu funcionamento á descrición que fan os
responsables de Facebook sobre como será despois da súa renovación.
O directivo desta última, Zuckerberg, quen anunciou estar
aberto ás opinións e suxerencias dos seus usuarios sobre este tema, afirmou que
se trata dun “cambio de filosofía” e que
lle vai permitir a tódolos rexistrados ter a mesma presenza na web.