Facebook, Instagram e Messenger avanzan na súa confluencia

mércores, 30 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Dende hai bastante tempo Facebook está a traballar na integración dos seus distintos servizos e, aínda que iso é especialmente visible dende as ferramentas para empresas, agora temos unha funcionalidade que inicia as súas probas esta semana e que consiste na incorporación dun Centro de Contas na configuración de Facebook, Instagram e Messenger que permite unificar elementos entre as distintas aplicacións, simplificando o seu uso.
Temos así que os usuarios que queiran realizar unha publicación ou unha historia poderán facelo en Instagram e Facebook de xeito simultáneo, utilizar a súa conta de Facebook para entrar en Instagram (o que tamén facilita a recuperación de contas), ligar os sistemas de pagamento para non ter que introducir os mesmos datos en varias aplicacións) e incluso sincronizar as fotografías de perfil entre as distintas aplicacións.

Entre as novas funcionalidades temos a posibildiade de sincronizar as fotografías de perfil de Facebook e Instagram

PUBLICIDADE