Facebook recollerá historias inspiradoras en Galicia

martes, 30 de abril do 2019 Marcus Fernández

O vindeiro venres ás 12:00 horas desembarca no centro comercial Marineda City da Coruña o evento Facebook Estación Central Galicia, que até o sábado ás 22:00 horas convidará a cidadanía a achegarse até alí para compartir o mellor que lle aconteceu en Facebook, de xeito que as mellores historias que se narren nesas dúas xornadas pasarán a formar parte dunha peza audiovisual conducida polo actor galego Tamar Novas, quen hai uns días convidaba a través das redes sociais a participar nesta iniciativa.
Facebook Estación Central quere dar voz ás persoas, salientado o potencial de Facebook á hora de crear comunidade e achegar ao mundo, dando lugar a historias incribles como as que pretenden recompilar. Queren así dar conta das facilidades que pon Facebook para axudar en situacións de emerxencia, conseguir fondos para unha boa causa, reencontrarse con amigos e familiares ou compartir intereses sobre distintos temas sociais.
A actividade presencial de Facebook en Marineda City permitirá aos asistentes descubrir e experimentar coas últimas innovacións da compañía de Mark Zuckerberg.

PUBLICIDADE