FIFA 16 estrea demo para consolas domésticas

martes, 8 de setembro do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro día 24 está previsto o lanzamento dun dos xogos que ten garantido o seu éxito no último trimestre do ano, o FIFA 16 de EA Sports, que chegarán con versións para PC, Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4, incluíndo interesantes novidades xogables, a posibilidade de xogar coas 12 seleccións nacionais femininas e potenciando prestacións que conseguiron unha boa acollida en entregas anteriores como o FIFA Ultimate Team. E para que os xogadores poidan ir facéndose unha idea do que será este novo FIFA, hoxe publican a versión de demostración do xogo.
A demo de FIFA 16 está dispoñible para a súa descarga de balde en Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4, incorporando as características innovadoras que estrea, como a confianza na defensa e o control no mediocampo. Podemos dar así por inaugurada a tempada de fútbol dixital, que en poucas semanas vai converterse nun fervedoiro de xogadores de todo o mundo competindo por formar os mellores equipos e controlar as novas mecánicas deste título que mellora ano tras ano e conseguiu dominar o seu xénero (en boa medida polo reducido investimento no seu produto competidor, Pro Evolution Soccer, que chegará ás tendas unha semana antes que o FIFA).

FIFA 16 volve ás consolas presumindo, como é habitual, de licenzas orixinais e moitas caras coñecidas

PUBLICIDADE