FIFA 15 chegará o 25 de setembro con Messi en portada
martes, 15 de xullo do 2014
Aproveitando o remate do Mundial de Fútbol e o feito de que Lionel
Messi fose recoñecido como balón de ouro por cuarto ano consecutivo dende
Electronic Arts quixeron anunciar a data de lanzamento do xogo FIFA 15, que no territorio europeo será
o 25 de setembro, confirmado que a figura que ocupará a portada non será outro
que Leo Messi, figura da selección de Arxentina de o F. C. Barcelona.
Messi xa apareceu na portada de FIFA
Street, FIFA 13 e FIFA 14, polo que ás súas marcas (maior
goleador do ano e o único xogador en conseguir o Balón de Ouro en catro
ocasións) poderá sumar agora o número de veces que destacou no videoxogo de referencia
do deporte rei.
O xogo FIFA 15 sairá inicialmente
para PC, PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii, 3DS e PS Vita, ás que se sumarán
tamén versións para dispositivos móbiles, aÃnda que cómpre destacar que serán
as versións para consolas de nova xeración e PC as que integren as grandes
novidades desta franquÃa, como un control co balón máis realista, un
modelado dos xogadores máis detallado (parecéndose máis aos xogadores reais),
presentacións dinámicas dos partidos, máis de 600 reaccións novas para que os
xogadores reaccionen con intelixencia
emocional, estados cheos de vida, loitas corpo a corpo que continúan a
evolucionar e novas tácticas de equipo.
Trailer oficial do xogo