FIFA 10 supera os 4,5 millóns de copias

mércores, 2 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O xogo FIFA 10 sumou 1,7 millóns de copias na súa primeira semana á venda en Europa, converténdose no xogo deportivo que máis rápido vendeu na historio e no meirande lanzamento europeo de Electronic Arts, e agora dende a súa compañía aseguran que chegaron aos 4,5 millóns de copias vendidas a nivel mundial, o que suporía un incremento de vendas so 26% con respecto do FIFA 09, e rachando tamén marcas na súa afluencia en liña, con máis de 113 millóns de partidos en rede nas versión de PS3 e Xbox 360 nos últimos 2 meses.
Dende EA tamén anunciaron que en febreiro estará dispoñible para a súa descarga en Xbox LIVE e PlayStation Network o paquete de contido descargable FIFA 10 Ultimate Team, que dará máis vida a este xogo deportivo.

PUBLICIDADE