FEZ chegará ás consolas de Sony a finais de mes

luns, 3 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Tras un grande éxito en Xbox 360 e PC, Sony confirma que o vindeiro 26 de marzo os usuarios de PS3, PS4 e PS Vita poderán gozar do xogo independente FEZ de Polytron, que nesta conversión contou co apoio de Blit Software, compañía que tomou o título lanzado inicialmente en 2012 e converteuno para conseguir que se execute con fluidez na PS Vita, que na PlayStation 3 chega a 60 imaxes por segundo a 720p e que na PlayStation 4 consegue a mesma taxa de refresco a 1.080p (aínda que nun xogo deste tipo non resulta moi importante a definición dos gráficos, por ter un deseño retro).
Entre as novidades que incorpora a nova versión de FEZ temos que en PS4 incorporáronse novas funcións como dun divertido efecto coa barra de luz do mando DUALSHOCK 4. Este título terá opción Cross-Save, de xeito que poderanse continuar as partidas entre calquera das tres plataformas para as que o xogo estará dispoñible.

Finalmente FEZ poderá xogarse nunha consola portátil


Trailer de FEZ

PUBLICIDADE