FEUGA mergúllanos nos recursos para transformar dixitalmente a nosa área de compras
luns, 18 de outubro do 2021
FEUGA
vai organizar en novembro unha actividade sobre os mellores procesos
e metodoloxías dos que podemos botar man para acadar unha óptima
dixitalización no seo da nosa empresa, poñendo o foco nas divisións
de compras.
Trátase
do seminario en liña E-Procurement. Transformación dixital da
área de compras, que
prepara a empresas e a profesionais para a xestión da actividade
comercial do século XXI, axudándoos a achegar o máximo valor á
súa actividade. Segundo informa FEUGA, en España máis do 70% das
empresas xa están dixitalizadas e seguen en constante evolución,
polo “que os profesionais teñen o reto de estar capacitados para
responder as necesidades das organizacións”.
Para
poñernos en situación, FEUGA engade que o concepto E-Procurement
designa a necesidade de
de todas as empresas e profesionais de mellorar os seus coñecementos
e procesos completos de xestión da área de compras cara á
transformación dixital: “Nun século XXI de importante
transformación tecnolóxica nos procesos comerciais e operacionais,
as ferramentas dixitais son clave para levar ao departamento de
compras cara ao seu mellor desempeño co apoio de software específico
da área de compras e para lograr relacións B2B que lles permitirán
non só ser moito máis eficientes senón tamén poder crear valor
desde o departamento, optimizando todos os seus procesos e obtendo
información clave para a toma de mellores decisións”.
A
través desta formación, o alumnado coñecerá a través de diversas
ferramentas electrónicas líderes en España e no mundo, como se
xestionan todos os procesos dixitais.
A
actividade constará de 12 horas de formación, con data de inicio
para o 2 de novembro, sendo o día 25 de outubro a data límite para
formalizar a inscrición. O horario das sesións é de 15:30 a 17:30
horas, e o importe de 325 euros. Os contidos serán impartidos por
Enric Almiñana Serra.