FERPALIA recoñeceu ás mellores páxinas web turísticas de Galicia

venres, 1 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O Salón do Turismo de Galicia, FERPALIA 2010, que ten lugar esta semana en Pontevedra, deu a coñecer os gañadores do 6º Concurso de Páxinas Web Turísticas, dividido en 2 categorías dotadas con 600 euros cada unha, e nas que recoñeceron na Categoría A (Empresa Turística) ao proxecto Galicia10 de Borja Calvo e Lucía Casanova, que destaca coma un proxecto modesto nacido da ilusión dos responsables polo seu traballo; mentres que a Categoría B (Web Promocional) foi parar a Terras de Pontevedra, de Artenova Publicidad.

PUBLICIDADE