FACUA anima aos consumidores a reclamar ante os abusos das operadoras de telefonía móbil

xoves, 27 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Para rematar o ano con forma, FACUA-Consumidores en Acción tira proveito das redes sociais para instar aos usuarios a denunciar os abusos das operadoras de telefonía móbil a través dun novo espazo na súa páxina web, dunha sección na súa páxina de Facebook e a través de Twitter mediante o hashtag #movilderechos, procurando que estas canles sirvan para informar aos consumidores dos seus dereitos e detallando como debe facerse para reclamar.
Como complemento desta campaña FACUA tamén vén de editar unha guía en liña titulada Tus derechos en la telefonía móvil que pode descargarse de balde en formato PDF e na que figura a información coa que defenderse dos abusos das operadoras móbiles, informando dos dereitos e expondo aos usuarios posibles solucións ante prácticas como o incumprimento de ofertas comerciais, altas en contratos ou servizos non solicitados, baixas non tramitadas, penalizacións abusivas, portabilidades fallidas ou fóra de prazo, ou servizos de tarificación adicional.

FACUA aposta polas redes sociais para animar aos consumidores a reclamar ante os abusos das operadoras móbiles

PUBLICIDADE