Explican un truco para descargar a demo de Resident Evil 5 na Xbox 360

venres, 5 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Hoxe os xaponeses que conten cunha consola Xbox 360 poden descargar a demo do xogo Resident Evil 5, pero parece que en Europa haberá que agardar a 2009 para ver o adianto deste agardado xogo, pero os máis impacientes poden tirar do enxeño utilizando un método que explican os mozos de Akihabara Blues consistente en crear unha conta de usuario en Xbox LIVE cun enderezo físico no Xapón, para que os servidores de Microsoft nos identifiquen coma xaponeses e nos permitan a descarga do xogo sempre que na nosa consola non teñamos creado máis de 3 usuarios distintos en LIVE, xa que para poder descargar a demo é preciso contar cunha conta Gold (que se pode conseguir de balde durante un mes ao darse de alta, pero esta promoción só se pode aplicar 3 veces por consola para evitar o abuso da promoción).
A demo ocupa 472 Mbytes e permite gozar da fase que se veu en moitos vídeos que circulan pola Internet, dando unha boa imaxe do que será o xogo final, que non chegará ás tendas españolas ata medios de marzo de 2009.

PUBLICIDADE