Expertos da defensa e seguridade xúntanse na UDC para analizar o uso das TIC no seu sector

luns, 18 de novembro do 2013 Redacción

Investigadores do CITIC encabezados por Carlos Vázquez Cendón

Mañá comeza na aula de Graos da Facultade de Dereito da UDC as Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías matemáticas e computacionais organizadas polo Centro de Investigación TIC (CITIC) xunto ao Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).
Cunha duración de dous días, contarán coa participación de representantes e investigadores destes organismos e institucións, ademais de expertos en tecnoloxías matemáticas e computacionais relacionadas coa defensa doutras entidades como o Centro Criptológico Nacional (CCN), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ou a Dirección Xeral de Armamento e Material (DGAM) do Ministerio de Defensa.
Durante estes días desenvolveranse relatorios e mesas redondas nas que se debaterá sobre temas como a oferta e demanda de tecnoloxía matemática e computacional no ámbito da Seguridade e a Defensa, ou a prospectiva e tendencias da tecnoloxía e a matemática coa formación e a colaboración como claves do presente e o futuro.
Segundo Carlos Vázquez Cendón, Corresponsable do Área Tecnolóxica do CITIC de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, “nestas xornadas vanse a dar cita grandes nomes relacionados coa seguridade, defensa e as tecnoloxías aplicadas a estes campos. Trátase dun programa moi completo, que pode sentar unha importante base para o desenvolvemento de colaboracións futuras neste campo nos próximos anos”.

Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas: Agrupación Estratéxica CITIC (CN2012/211). Cofinanciado por::

PUBLICIDADE