Everykey, a pulseira que quere lembrar os nosos contrasinais
luns, 10 de novembro do 2014
Para facilitar a xestión de contrasinais en
Kickstarter están a buscar o financiamento para facer realidade Everykey, unha
pulseira con Bluetooth que comunicarÃase con ordenadores, smartphones, tabletas
ou incluso trebellos que permitan abrir pechos mediante este tipo de tecnoloxÃa
(de xeito que poderiamos prescindir do uso de chaves fÃsicas tradicionais) para
transmitir a nosa información de identificación, de xeito que non teremos que
introducir os nosos contrasinais a man.
De feito, esta solución busca axudarse de aplicacións que non só permitan a
xestión dos contrasinais, senón que tamén contribúan á nosa seguridade xerando
complexos contrasinais aleatorios dos que non teremos que facer memoria, xa que
a Everykey encargarase de lembralos e
introducilos nos sistemas que nolos requiran.
Este sistema tamén contará con mecanismos adicionais de seguridade, de xeito
que no caso de perda ou roubo da pulseira, poderemos desactivala remotamente,
de xeito que os dispositivos que a empregan recibirán unha notificación para
deixar de atender á comunicación coa mesma.
A pulseira comunÃcase por Bluetooth 4.0 de baixa enerxÃa; contará cunha baterÃa
recargable por USB que permite o seu uso até 30 dÃas seguidos, empregará
cifrado AES de 128 bits; será compatible cos sistema operativos máis frecuentes
(a partires de OS X 10.9, Windows 8.1, Ubuntu 14 e Android 4.4 e cun soporte
parcial de iOS); traballará cos navegadores web a partires de Chrome 37,
Firefox 31 e Safari 7.1; o seu exterior será de silicona flexible e resistirá á
auga para permitir que poidamos levala durante practicamente todo o dÃa sen
risco para a súa integridade. O seu deseño é bastante coidado, estando
dispoñible en varias cores, e partirá dun prezo de 50 dólares (39,99 euros) con
desconto para pedidos de varias unidades, que atenderÃanse a partires de marzo
de 2015, cando espérase que este trebello vexa a luz.
- A pulseira ten un coidado deseño, para poder levarse enriba discretamente
VÃdeo de presentación de Everykey en Kickstarter