Everis busca proxectos na nosa terra para representar a España no seu concurso internacional
venres, 14 de maio do 2021
A
multinacional tecnoloxía Everis presentou a 20 convocatoria dos seus
Premios Everis ao Emprendemento, agora eAwards,
cunha dotación de 20.000 euros. A Fundación Everis está a buscar
en Galcia proxectos tecnolóxicos e innovadores para representar a
España no seu concurso internacional.
Durante
2021, os eAwards buscarán en 11 países de Europa e América Latina
proxectos baseados en tecnoloxías de alto impacto que “melloren a
calidade de vida e/ou solucionen problemas ambientais a través de
modelos de negocio dixitais e/ou do uso intensivo da tecnoloxía”.
Como
dixemos, o proxecto gañador da convocatoria española recibirá
20.000 euros, un programa de aceleración especializada e un pase á
final internacional dos Global eAwards, na que optará a 60.000 euros
adicionais.
Everis
pon o foco na nosa terra en parte debido á súa forte presenza en
Galicia, con sedes de seu e múltiples proxectos impulsados dende
aquí, e en parte porque, segundo confirma o último informe GEM
(Global Entrepreneurship Monitor)
Galicia é “unha comunidade altamente innovadora e na que se está
a afianzar o emprendimiento feminino, ocupando as primeiras posicións
no ranking nacional español”.
Para
Karla Alarcón, directora xeral da Fundación Everis, “ao longo
destes 20 anos comprobamos o enorme potencial dos emprendedores
galegos que participaron nos nosos premios. De feito, en 2018 unha
startup de Vigo, Alén Space, foi finalista internacional polo
deseño, fabricación e operación de pequenos satélites para
oportunidades de negocio no espazo. Nesta nova edición, animamos ás
galegas e galegos a presentarse cos seus proxectos tecnolóxicos.
Confiamos neles e nas súas propostas que poden ser clave para a
recuperación económica e social”.
As
empresas interesadas poden presentar as súas candidaturas aos
eAwards Spain en eawardsspain.es
até o 21 de xuño. Unha vez pechado o prazo de inscrición, comezará
a fase de análise das propostas recibidas para elixir os
semifinalistas, quen presentarán os seus proxectos ante un xurado de
expertos que decidirá que iniciativas pasan á seguinte fase. Tras a
súa elección, celebrarase a final dos eAwards Spain 2021 para
elixir o gañador, que recibirá 20.000 euros, acceso a un programa
de aceleración especializado e un pase á final internacional dos
Global eAwards.