Eurosport achega os seus contidos á Nintendo 3DS

xoves, 15 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Na aplicación de Eurosport almacénanse ata 4 vídeos deportivos en 3D

A semana pasada a Nintendo 3DS recibía unha actualización que activaba a funcionalidade de gravación de vídeo en 3D, e hoxe mesmo continúa a incorporar melloras como unha nova aplicación chamada Eurosport, e que consiste nunha nova canle de vídeos para a consola portátil de Nintendo que ofrece distintos vídeos deportivos en tres dimensións que poderán descargarse directamente a través da tecnoloxía Spot Pass da 3DS.
Os vídeos en cuestión corresponden ao programa WATTS e teñen unha duración de entre 2 e 3 minutos. Haberá novas entregas cada semana dende hoxe e durante 2012 totalmente de balde.

Os vídeos 3D do programa WATTS de Eurosport poderán verse de balde na consola portátil de Nintendo

PUBLICIDADE