Estréase o novo episodio descargable de GTA IV

martes, 17 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chegou ao Bazar de Xbox LIVE o agardadísimo episodio The Lost and Damned para o Grand Theft Auto IV, que permite ampliar a vida do grande xogo de Rockstar cunha aventura na que deixamos a pel de Niko Bellic para encartar a Johnny, un membro veterano da banda de motoristas The Lost en medio dunha guerra de territorios con bandas rivais en Liberty City.
Esta ampliación (considerada polos seus creadores coma un xogo independente, e que se rumorea que custou 50 millóns de euros) pódese adquirir por 1.600 puntos (19,2 euros) e a súa instalación ocupa 2 Gb.

PUBLICIDADE