Estrean versión Flash de balde do Street Fighter II CE

luns, 13 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Se hai un xogo de loita en dúas dimensións realmente representativo do seu xénero, poucos dubidarán ao falar do Street Fighter II Championship Edition de Capcom, que deu pé a moitos secuelas e remakes, e que posiblemente foi o título que abriu o camiño para sagas coma The King of Fighters. Pois agora non hai que buscar en bares de barrio ou conversións a consolas de videoxogos para lembrar este xogo, xa que co gallo do lanzamento de Street Fighter IV para PC, Capcom e GameTap decidiron lanzar unha versión Flash do clásico xogo, que conserva case todos os elementos do título orixinal.
O xogo funciona cos cursores para controlar os movementos do noso loitador e os botóns S, D, F, X, C e V para lanzar puñazos e patadas, á vez que pódense empregar os míticos movementos en L para lanzar golpes especiais (coma o shoryuken ou o hadouken), resultando especialmente rechamante que poidamos gozar de balde deste excelente xogo web coma reclamo para a compra dun novo videoxogo (moi superior en todos os aspectos).

PUBLICIDADE