Estrean un xogo iraniano que amosa ós soldados norteamericanos coma os malos

martes, 17 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Presentación do xogo

Para contrarrestar o ataque cultural que os videoxogos americanos dirixen a Irán crearon un novo xogo que cambia as tornas, e sitúa ó xogador na pel do Capitán Bahman, xefe dun comando das forzas especiais iranianas que deberá rescatar a un científico nuclear e á suá dona, secuestrados por militares norteamericanos mentres estaban na cidade santa iraquí de Kerbala.
Special Operation 85: Hostage Rescue (Operación Especial 95: Rescate do refén) distribúe o xogo en oito niveis, 2 en Irán, 2 en Iraq e 4 en Israel, onde non só aparecerá o matrimonio secuestrado, senón que tamén se poderá liberar do cativerio a 3 diplomáticos e 1 fotógrafo iranianos secuestrados realmente pola milicia cristiá en Beirut en 1982, co que pretenden que os mozos do país lembres ós seus compatriotas secuestrados no Líbano.
Os responsables do xogo recoñeceron que o seu desenvolvemento custou moito menos que o que hoxe en día se gasta nos títulos deste estilo, precisando só de 35.000 dólares, aínda que iso tamén xustifica que non estea á altura dos xogos que saen na actualidade.

PUBLICIDADE