Este xoves celébrase un novo MeetUp WordPress Coruña

martes, 5 de novembro do 2019 Marcus Fernández

O vindeiro xoves de 19:00 a 21:00 horas desenvolverase en La Olímpica (local sito na rúa Alfredo Vicenti, 39 da Coruña) a sexta edición de WordPress Coruña, encontro no que dous relatores compartirán os seus coñecementos cos asistentes interesados no xestor de contidos máis empregado a nivel mundial.
Anxo Sánchez, deseñador web cun caderno de Internet especializado en WordPress, impartirá un relatorio sobre a configuración profesional de WordPress; pola súa banda, Diana Pardo Varela, cofundadora da axencia Meridiana Content, conversará sobre como seducir aos clientes a través do storytelling (aplicándoo á pestana de Sobre Min ou a unha atractiva presentación para os eventos de networking).
Os interesados en acudir a este encontro poden inscribirse en liña a través do seu MeetUp.

PUBLICIDADE