Este verán sairá o King of Fighters XII

martes, 19 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Presentación do xogo durante o AOU 2008

Este mes SNK Playmore e Taito presentaron durante a feira AOU 2008 o que será o vindeiro King of Fighters XII, de xeito que os afeccionados nipóns ós xogos de loita que arrasaron nos salóns recreativos grazas á plataforma Neo-Geo puideron ver cómo será o que prometer ser un excelente xogo de loita en dúas dimensións, destacando por presentar uns personaxes realmente detallados de xeito que cubrirá as espectativas dos usuarios de consolas de nova xeración.
O King of Fighters XII debería saír a primeiros do verán na súa versión de recreativas e en 2009 se agarda que o adapten para PlayStation 3 e, posiblemente, para Xbox 360.

Vídeo de pouca calidade coa presentación do novo King of Fighters

PUBLICIDADE