Este venres sae á venda o reprodutor multimedia portátil iRiver SPINN

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia portátiles non son exclusiva de fabricantes coma Apple e Creative, e un dos fabricantes máis veteranos, iRiver, comezará a vender o venres o seu flamante iRiver SPINN, que destaca pola súa arriscada aposta estética.
O novo reprodutor funciona cunha pantalla AMOLED de 3,3 polgadas cunha resolución de 480 x 372 píxeles, soporte de Bluetooth 2.0, unha roda analóxica con aparencia de bisagra, un amplo soporte de formatos multimedia (MP3, WMA, OGG, APE, ASF, FLAC, ASF, AVI MPEG-4 SP, WMV9 SP, JPEG, PNG, GIF e texto), radio FM, xogos en Flash Lite 2.1 e unha autonomía dunhas 25 horas para música e 5 horas para vídeo. Mide 99,5 x 51 x 10,7 mm e ten 70 gramos de peso. A versión con 4 Gb de capacidade custará 249,99 dólares, e a de 8 Gb terá un prezo de 289,99 dólares.

PUBLICIDADE